Ollo con TikTok, podes ser multado polos vídeos que sobes

A Garda Civil identifica grazas a un vídeo de TikTok a un mozo de Ribadavia investigado por condución temeraria.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 19/06/2023 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A Garda Civil identificou grazas a un vídeo da rede social TikTok a un mozo de Ribadavia investigado por condución temeraria, instruíndose dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Monforte de Lemos (Lugo).

Tal como informou a Benemérita, os axentes tiveron coñecemento dos feitos grazas a un vídeo de TikTok no que foron etiquetados. Nas imaxes podíase observar como o pasado mes de maio o condutor dun coche adiantaba a unha motocicleta invadindo antirreglamentariamente o sentido contrario da circulación no punto quilométrico 543,800 da estrada N-120, nun tramo de curvas sucesivas na baixada de Peareas (Lugo).

Dita acción podería constituír un suposto delito de condución temeraria, ao realizarse en contra "das máis elementais normas de seguridade" e "con evidente risco" para o condutor da motocicleta e dos ocupantes do turismo. Por iso, grazas á colaboración cidadá púidose identificar o autor dos feitos, un mozo de 21 anos veciño de Ribadavia.

Vídeo en TikTok
Vídeo en TikTok

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta