Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2023 | Actualizada ás 10:26
Efectivos do servizo de bombeiros sufocaron o incendio declarado nunha casa abandonada de Carral (A Coruña) na que, no momento de iniciarse o lume, había dúas persoas que lograron saír ilesas.
O suceso tivo lugar minutos antes das 21,00 horas do xoves nunha casa situada na estrada N-550 na zona de Tabeaio, segundo informou o CIAE 112 Galicia este venres. Ata o lugar mobilizáronse os bombeiros de Ordes e Arteixo, que lograron controlar as chamas ás 22,00 horas e sufocar o incendio unha hora máis tarde.
O inmoble, de dúas plantas e construída no seu interior de madeira, ardeu por completo. A zona quedou balizada para evitar situacións de risco, como trasladou a central do 112.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.