Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2023 | Actualizada ás 14:59
Adif suprimirá dous pasos a nivel na liña entre Vilagarcía de Arousa e a denominada bifurcación Angueira, ao seu paso polo termo municipal de Valga. Construirá un paso superior sobre a vía férrea, así como dous viarios paralelos á traza. As actuacións, agora licitadas, contan cun investimento de 3,8 millóns de euros, segundo Adif.
Os pasos a nivel están situados nos puntos quilométricos 64/110 e 65/212 da liña convencional e corresponden ás cruces cos camiños de Carracido e de Castiñeiras-Carballa, ambos de titularidade municipal.
"Con esta actuación mellórase a permeabilidade da infraestrutura neste municipio e increméntanse as condicións de seguridade, tanto para o tráfico peonil, como para o viario e o ferroviario", destaca o administrador da infraestrutura ferroviaria.
O paso superior permitirá cruzar as vías no punto quilométrico 65/300 da liña, xunto á execución de camiños de ligazón, conectando ambas as marxes e permitindo a accesibilidade para os propietarios de terreos e veciños.
As actuacións enmárcanse no convenio subscrito por Adif e o Concello de Valga. En base a este convenio, Adif realizará as obras, en tanto que o Concello de Valga asumirá o custo da expropiación dos terreos para realizar as obras, así como o mantemento e conservación dos elementos construídos (paso superior, sistemas de drenaxe e camiños de ligazón).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.