Marta Fernández Currás, o novo fichaxe de Ecoener

O presidente da empresa cualifica 2022 como un "exercicio de crecemento e consolidación", tras os bos resultados cos que cerraron o exercicio.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/06/2023 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

A xunta xeral de accionistas de Ecoener aprobou este venres o nomeamento como conselleira independente de Marta Fernández Currás, exsecretaria de Estado de Orzamentos durante o goberno de Mariano Rajoy co Partido Popular.

Ademais, Marta conta cun extenso curriculum xa que foi delegada do Instituto de Estudos Fiscais en Galicia do Ministerio de Economía; xefa da Dependencia Rexional de Recadación da Axencia Tributaria (AEAT) en Galicia; interventora Xeral de Galicia; inspectora na Delegación Central de Grandes Contribuíntes da AEAT e conselleira de Facenda da Xunta de Galicia, entre outros cargos.

Cando se anunciou este nomeamento, Ecoener destacou a "gran traxectoria profesional" de Fernández Currás, así como "a súa formación e a súa valía persoal", que "reforzará o bo goberno corporativo" da firma. Fernández Currás formará tamén parte da Comisión de Nomeamentos e Retribucións.

SOLIDEZ E ESTABILIDADE

Á marxe deste nomeamento, a xunta de accionistas de Ecoener deu 'luz verde' ás contas de 2022, que se pecharon cun resultado de 20,2 millóns de euros, multiplicando por 3,6 o beneficio de 2021. En canto á cifra de negocio, Ecoener alcanzou os 72,9 millóns, cun incremento interanual do 83%.

Na súa intervención, o presidente da compañía, Luis de Valdivia, destacou a "solidez e estabilidade" de Ecoener e cualificou o 2022 como un "exercicio de crecemento e consolidación". Ademais, asegurou que a súa previsión é superar as cifras do pasado ano en 2023. Na xunta tamén se aprobou que a consultora Deloitte substitúa a KPMG na xestión e revisión das contas de Ecoener, segundo confirmaron desde a compañía a Europa Press.

Xunta xeral de accionistas de Ecoener de 2023
Xunta xeral de accionistas de Ecoener de 2023 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta