O Goberno presume dun "máximo histórico" de policías e gardas civís en Galicia

Tras a incorporación destes días das últimas promocións, a cifra de efectivos dos corpos de seguridade do Estado é de preto de 9.000.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 29/06/2023 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

Galicia camiña cara os 9.000 axentes de Policía Nacional e Garda Civil, "a maior cifra de efectivos das forzas e corpos de seguridade do Estado da historia", segundo a Delegación do Goberno en Galicia. Unha cifra a que se chega logo da incorporación ás súas comisarías ou cuarteis, durante estes días de  verán, das últimas promocións de axentes que superaron o proceso de  formación inicial nas academias de cada corpo.

Imaxe de axentes da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL
Imaxe de axentes da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL

En total son 8.858 efectivos. Trátase dunha cifra superior á rexistrada a finais de 2011

data que ata o de agora marcaba o máximo de efectivos policiais en Galicia. Desde ese ano, o persoal de Policía Nacional e de Garda Civil experimentou un acusado proceso de redución que levou a que, en  decembro de 2017, ambos os dous corpos sumasen 8.214 efectivos. Polo tanto, a cifra deste verán superará en 644 os  efectivos de hai cinco anos, cun crecemento do 7,8%.

O aumento de persoal de Policía Nacional e Garda Civil foi posible grazas ás cinco ofertas de emprego público sucesivas convocadas por iniciativa conxunta do Ministerio de Facenda e Función Pública e do Ministerio do Interior, todas elas con taxas de reposición superiores 

ao cen por cento. A nivel estatal, a cifra de efectivos tamén alcanza o máximo histórico de 156.400 policías nacionais e gardas civís, tal e como anunciou o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska.

OPERACIÓN VERÁN

Moitas das incorporacións de novos e novas policías nacionais e gardas civís nestas vindeiras semanas permitirán reforzar o dispositivo  policial da Operación Verán, que arrinca  este vindeiro 1 de xullo e que estará vixente en Galicia ata o 31 de agosto. Un total de 3.642 

efectivos policiais dedicaranse a esta operación, que prestará unha  atención especial ás cidades, ás zonas turísticas, ás festas e ao  Camiño de Santiago. Deste total, 2.021 efectivos pertencen á Garda Civil e 1.622, ao Corpo Nacional de Policía.

No caso da Garda Civil, destaca a vixilancia do Camiño de Santiago, co funcionamento, un ano máis, das Oficinas Móbiles de Atención ao  Peregrino (OMAP), así como o papel da Agrupación de Tráfico no apoio  ás operacións especiais deseñadas pola Dirección Xeral de Tráfico para mellorar a seguridade viaria nos desprazamentos destas datas. A  Policía Nacional centrará a súa actividade nas cidades e na atención a  persoas peregrinas no ámbito da súa demarcación, como é o caso da  cidade de Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta