Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 03/07/2023 | Actualizada ás 15:37
Dúas persoas, un home e unha muller, foron detidos tras supostamente enfrontarse aos axentes despois de protagonizar un incidente no centro de saúde de San Roque, de Vilagarcía, no que tivo que intervir a Policía Local e a Nacional.
Segundo informaron fontes municipais, foi o propio persoal do centro o que avisou á Policía de que estaban encerrados na zona de boxes porque varias persoas entraran á forza dando golpes e berros. Ademais, unha sanitaria recoñecera a un deles como unha persoa que xa provocara incidentes no Hospital do Salnés noutras ocasións.
Esta persoa, o primeiro dos detidos, é un home de 28 anos que responde as iniciais de R.P.J e que supostamente se encarou e tratou de agredir aos axentes cando acudiron ao centro. Ademais, mostrouse violento e opuxo resistencia á detención. No momento no que os axente tentaban reducilo, a muller, O.J.O, supostamente tentou impedilo propinándolle unha patada na cara a un axente e varios golpes a outros dous.
Estas fontes sinalan que o home, xa esposado, foi capaz de golpear a porta e romper parte do vidro cando o tentaban sacar do centro sanitario. Ademais, sinalan que a muller arremeteu a fartar co vehículo policial. No incidente tamén estaban presentes a nai e unha irmá do detido. Antes de ser trasladados aos calabozos, tanto os detidos como os axentes feridos foron atendidos por persoal do ambulatorio.
AGRESIÓN EN VIGO
Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha moza de 17 anos de idade, tras agredir presuntamente ao persoal dunha ambulancia e a un funcionario deste corpo de seguridade. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste domingo, na rúa Estrada, no barrio de Coia (que está en plenas festas). O 092 recibiu un aviso de que unha moza agredira a un facultativo dunha ambulancia que a estaba atendendo.
Unha vez no lugar, o persoal sanitario confirmou que unha moza agredira a dúas dos compoñentes da dotación de Urxencias e que se atopaba a escasos metros da ambulancia.
Cando foi requirida polos policias para que se identificase, a moza negouse de forma rotunda a facilitar ningún dato, e lanzou un chisqueiro á cara a un dos funcionarios, tirándose contra eles logo, lanzando golpes e patadas. Por estes feitos, foi reducida e detida polos supostos delitos de resistencia e atentado contra axente da autoridade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.