Case 5.400 mozos solicitan o Bono cultural en Galicia nas tres primeiras semanas

No conxunto do Estado, máis e 106.000 mozos piden este bono.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/07/2023 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

Un total de 5.394 mozos solicitan o Bono Cultural Mozo en Galicia nas tres primeiras semanas,  23,30% do total de potenciais beneficiarios. Diso informou a Delegación do Goberno en Galicia nun comunicado, no que lembra que desde o pasado 13 de xullo, as persoas nadas en 2005 poden solicitar os 400 euros destinados á adquisición e o goce de produtos, servizos e actividades culturais.

Para iso, os mozos que cumprisen ou vaian cumprir 18 anos en 2023 téñense que rexistrar e realizar o procedemento de solicitude na páxina web www.bonoculturajoven.gob.es antes do próximo 30 de setembro.

Os mozos deberán obter previamente unha destas tres formas de identificación dixital: Cl@ve con rexistro básico (que se pode solicitar e obter por videollamada), Cl@ve con rexistro avanzado (de forma presencial e para aqueles que non cumprisen aínda os 18 anos) ou ben o Certificado dixital.

Os mozos interesados en solicitar o Bono Cultural Mozo poden realizar o trámite persoalmente ou a través da representación dun adulto, para o que é preciso achegar o formulario de representación descargable na páxina web, correctamente asinado por beneficiario e representante. Nestes casos, o libro de familia non é un documento acreditativo da representación.

Cartel do Bono Cultura da Xunta, nunha libraría de Santiago de Compostela
Cartel do Bono Cultura da Xunta, nunha libraría de Santiago de Compostela | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta