Monumentos galegos feitos con pezas do mítico ‘Exin Castillos’

Forman parte da colección "Galicia Monumental" e pódense ver no Centro de Interpretación do Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 08/07/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A "Asociación Exin Castillos y West" recoñécense como “un grupo de nostálxicos que mantemos viva a ilusión dese xoguete de construción español dos anos 70-80”. Actualmente conta con 35 socios, dos cales 7 deles están en Galicia, sendo a súa finalidade a promoción do xogo de construción por medio de exposicións e asistindo a feiras e eventos.

Castelo de Fantasía. Foto: Asoc. Exin Castillos y West
Castelo de Fantasía. Foto: Asoc. Exin Castillos y West

Agora mesmo teñen a colección "Galicia Monumental" no Centro de Interpretación do Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños. Esta exposición poderá verse todos os días da semana de balde ata setembro.

A Torre de Hércules, a Iglexa de Sta María de Cambre, o Faro de Fisterra, o Pazo de Meirás e o de Torres do Allo, o Torreón dos Andrade, o Castelo de Doiras e o de Moeche, a Catedral de Tui.... son algunhas das réplicas, pero a que máis destaca pola súa espectacularidade e dimensións é a Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago (220cm de alto e 30.000 pezas).

A construción das maquetas a escala supón un traballo previo de documentación profundo en bibliotecas e arquivos, con elaboracións que lles levan entre 6 meses e 1 ano dependendo da complexidade e tamaño do monumento.

Para coñecer máis ao detalle a súa actividade pódese seguir a súa páxina de Facebook: www.facebook.com/GaliciaconExinCastillos.

Exposición no Dolmen de Dombate. Foto: Asoc. Exin Castillos y West
Exposición no Dolmen de Dombate. Foto: Asoc. Exin Castillos y West

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta