Por Europa Press / Redacción | Cobas (Ferrol) | 06/07/2023 | Actualizada ás 13:11
O triatleta de 49 anos que permanecía ingresado no hospitalArquitecto Marcide de Ferrol tras desvanecerse durante a súa participación no Northwest Triman das Pontes o pasado 25 de xuño faleceu nas últimas horas.
Fontes consultadas a Europa Press confirmaron este xoves o falecemento que avanzou na tarde do mércores o portal Triatlon Channel. O home, que debutaba na proba pontesa, desvaneceuse durante o primeiro segmento da competición, na parte de natación, pouco antes de chegar á beira. Tras recibir o aviso doutro participante, tanto a organización como os servizos de salvamento e socorrismo actuaron con celeridade para evacualo a terra e proceder á súa reanimación.
Inmediatamente despois foi trasladado ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, en cuxa Unidade de Coidados Intensivos permanecía ingresadodesde entón.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.