Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2023 | Actualizada ás 16:34
O rexedor de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e os concelleiros Armando Ojea e Rafael Martínez Cachafeiro serán os representantes de Democracia Ourensá na Deputación provincial de Ourense.
Diso informou este xoves o rexedor ourensán a través das súas redes sociais. Aínda que estaba prevista a súa presenza na presentación dun campamento urbano, Jácome non asistiu á rolda de prensa pero si utilizou as redes para dar a coñecer esta información.
Democracia Ourensana e o Partido Popular selaron o pasado 17 de xuño un acordo polo cal permitirían que as listas máis votadas gobernasen o Concello de Ourense e a Deputación, un pacto que garante a presidencia do ente provincial ao PP.
Tras a anunciada decisión de Manuel Baltar de non repetir no cargo, os populares acordaron que o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, sexa o próximo presidende da Deputación de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.