Cinema por 2 euros

Estes son os 17 cinemas galegos aos que os maiores de 65 anos poden ir por 2 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2023 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

O programa 'Cinema Sénior', impulsado polo Ministerio de Cultura para que as persoas maiores de 65 anos vaian ao cinema por dous euros cada martes, comeza este 11 de xullo nun total de 17 cinemas en Galicia.

Por provincias, na Coruña sumáronse sete cinemas, seguida por Pontevedra (6), Lugo (3) e Ourense (1). Esta é unha medida impulsada polo Goberno central para fomentar a volta ás salas.

En concreto, os sete cinemas da Coruña adheridos son: Odeon Multicines (Narón), Cinesa As Cancelas (Santiago), Numax (Santiago), Cinemas Compostela, Cinesa Marineda City (A Coruña), Yelmo Cinemas Espazo Coruña, Duplex (Ferrol).

Na provincia de Pontevedra, a lista é a seguinte: Tamberlick (Vigo), Multicines Norte (Vigo), Cinemas Yelmo Premium Vialia Vigo, Yelmo Cinemas Vigo, Minicines Central (A Estrada) e Avenida (Caldas de Reis).

En Lugo: Cinemas Yelmo As Termas (Lugo), Cinemas Viveiro e Cinelandia (Ribadeo). O único cinema que se suma na provincia de Ourense é o Novocine de Leiro.

O Ministerio apunta que se trata dunha proposta que avoga por "recuperar a ilusión de gozar do cinema como unha experiencia emocional e presencial, que transcende o mero feito de ver unha película e que, en cambio, converte o acto de ir ao cinema nunha práctica social e vibrante".

CINEMA EN PANTALLA GRANDE

As persoas de 65 anos ou máis constitúen o grupo de idade que máis tarda en retomar os hábitos de asistencia ao cinema en salas previos á pandemia.

Así, na asistencia ao cinema obsérvanse aínda notables diferenzas entre franxas de idade xa que se o 49,3% dos mozos de 20 a 24 anos acudiu polo menos unha vez ao ano ao cinema entre 2021 e 2022, esa porcentaxe cae ata o 6% na poboación de máis idade. De todos os sectores culturais, o cinema é un dos máis afectados, aínda hoxe, pola pandemia.

Inauguración da sala de luxo de Cinesa en Bonaire. CINESA - Arquivo
Inauguración da sala de luxo de Cinesa en Bonaire. CINESA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta