Petición de seis anos de cadea para un acusado de abuso sexual a unha menor de idade

Piden a súa inhabilitación para calquera profesión que leve contacto regular e directo con menores de idade polo mesmo tempo e deberá indemnizar á menor con 6.000 euros por danos morais.

Por E.P. | OURENSE | 11/07/2023 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

A Fiscalía de Ourense ha solicitados seis anos de prisión para un home acusado dun delito continuado de abuso sexual a unha menor de idade.

O xuízo celebrouse na Audiencia Provincial de Ourense a porta pechada, onde a Fiscalía solicitou tamén a prohibición de achegarse á vítima, ao seu domicilio ou ao centro escolar a menos de douscentos metros e comunicarse con ela durante o tempo de condena.

Ademais pide a súa inhabilitación para calquera profesión que leve contacto regular e directo con menores de idade polo mesmo tempo e deberá indemnizar á menor con 6.000 euros por danos morais.

Os feitos sucederon no domicilio familiar do acusado na cidade das Burgas, onde a vítima acudía con regularidade levada pola súa nai. O acusado aproveitaba a relación de parentesco coa menor para levar a cabo o delito en reiteradas ocasións "en datas indeterminadas desde o ano 2017".

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta