Desenvolvese unha nova ferramenta para axudar á relación e comunicación con persoas autistas

A Universitat Oberta de Catalunya e o Hospital Universitario Parc Taulí desenvolveron esta app móbil dispoñible tanto para Android como para iOS.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/07/2023 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Universitat Oberta de Catalunya (UOC) e o Hospital Universitario Parc Taulí desenvolveron unha aplicación para dispositivos móbiles que recompila e presenta unha serie de informacións e consellos de alto valor dirixidos a persoas que se relacionan con nenos ou adultos con trastorno do espectro autista (TEA). Segundo Marta Aymerich, investigadora que forma parte deste grupo, é unha aplicación "pensada para axudar a solucionar a falta de ferramentas na relación e comunicación coas persoas con TEA".

Ribeira estre pictogramas adaptados para persoas con autismo
Ribeira estre pictogramas adaptados para persoas con autismo | Fonte: amicos.org

A aplicación estará dispoñible tanto para Android coma iOS co nome de TEAppAutism. Baséase nunha recompilación de vídeos de profesionais acreditados do Parc Taulí que poden ser moi útiles a familiares, amigos e educadores dos afectados de TEA, pero tamén aos profesionais tanto do ámbito sanitario, educativo ou laboral que os tratan ou os apoian, como aos investigadores que fan investigación sobre esta condición.

 

RETOS DA INVESTIGACIÓN PSICOSOCIAL

 

Os investigadores deste proxecto fixeron unha revisión sistemática da literatura científica que estudou as intervencións psicosociais para o TEA no últimos dez anos e detectaron un volume importante de estudos con marxe de mellora en canto á calidade metodolóxica. De feito, despois de analizar máis de 400 artigos sobre intervencións psicosociais para o TEA, determinouse que só trinta cumprían con criterios de calidade equiparables ás outras disciplinas de ciencias da saúde.

 

"A complexidade e os estigmas dos problemas de saúde mental fixeron que, até agora, a investigación non puidese correr tanto como noutros campos nin tivese o mesmo financiamento. Isto e as dificultades para recrutar voluntarios e para illar os efectos das intervencións psicosociais doutros factores son os retos que ten a investigación neste campo", argumenta a directora do eHealth Center.

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta