Rueda pide un convenio único para os bombeiros comarcais e pide ás deputacións a resolver o conflito no sector

A Xunta deu luz verde este xoves ao acordo co Ministerio de Defensa para incorporar 30 patrullas terrestres ao dispositivo de loita contra os incendios que se despregará nos montes galegos este verán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2023 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, instou ás deputacións provinciais a resolver o conflito cos bombeiros comarcais que piden a negociación dun convenio único que, entre outras cuestións, aplique a sentenza xudicial que os recoñece como persoal laboral fixo.

Preguntado por esta cuestión na rolda de prensa do Consello celebrado este xoves, xornada na que centos de bombeiros forestais marcharon por Santiago para reclamar esta cuestión, Rueda incidiu en que a Xunta achega o 50% do financiamento dos parques comarcais, pero que estes dependen dos gobernos provinciais.

O presidente lembrou que este conflito deriva do cambio de modelo nos parques de bombeiros acordado hai anos e no que a Xunta estivo de acordo pero advertiu que "os inconvenientes" que puidese causar "tiñan que asumilos" as deputacións.

Por tanto, instou ao catro deputacións "con independencia quen estea a gobernar" que asuman as consecuencias porque "o acordo naquel momento era ese". "Temos que tentar formar parte da solución, pero hai que saber de onde veñen os problemas", apostilou.

EXÉRCITO NO INCENDIO

Por outra parte, a Xunta deu luz verde este xoves ao acordo co Ministerio de Defensa para incorporar 30 patrullas terrestres ao dispositivo de loita contra os incendios que se despregará nos montes galegos este verán.

A través dun orzamento de 470.000 euros, os militares participarán un ano máis na coñecida como 'Operación Sentinela Galego' para desenvolver tarefas de vixilancia e identificación dos incendiarios.

Protesta de bombeiros comarcais en Santiago
Protesta de bombeiros comarcais en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta