Rescatada unha persoa na praia de Gures, en Cee

Por Galicia Confidencial | Cee | 14/07/2023 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Varias dotacións de bombeiros e da Garda Civil desprazáronse a últimas horas da mañán deste venres, 14 de xullo, á praia de Gures, tras ser alertados pola existencia dun home que se tirou ao mar e que estaba en apuros.

Praia de Gures, en Cee
Praia de Gures, en Cee | Fonte: Concello de Cee

Segundo confirmaron fontes dos bombeiros a Galicia Confidencial, o bañista foi finalmente localizado e posto a salvo aínda que se atopa ferido. Unha ambulancia trasladouno ao hospital da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta