Por E.P. | OURENSE | 15/07/2023 | Actualizada ás 15:07
A Garda Civil da Rúa detivo a un veciño da localidade ourensá tras ser interceptado con seis pastillas de MDMA (éxtases), 24 mililitros de popper e 19,5 gramos de haxix.
Segundo informou o Instituto Armado, o mozo, de 19 anos, foi interceptado no Paseo O Aguillón da Rúa. Ademais, portaba tamén medicamentos sobre os que non achegaba xustificante médico.
O caso lévao o xulgado do Barco de Valdeorras e o home está a ser investigado como presunto autor dun delito contra a saúde pública-tráfico de drogas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.