Morre de súpeto un home mentres conducía o seu coche en Santiago

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2023 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

Un home faleceu ao sufrir unha indisposición mentres conducía en Santiago, ao seu paso por Conxo, no quilómetro 8 da SC-20.

Segundo informa o 112 Galicia, un particular avisou sobre as 11,50 horas deste martes dunha leve colisión por alcance. Un dos condutores implicados permanecía inconsciente no interior do seu vehículo.

Así, solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros e Policía Local de Santiago, ademais dos servizos de mantemento da estrada. Unha vez no lugar, os servizos sanitarios confirmaron que a persoa sufrira unha indisposición mentres conducía e perdera a consciencia. Tras tentar reanimala durante un longo período de tempo, finalmente confirmaron o seu falecemento.

Urxencias sanitarias de Galiciaa
Urxencias sanitarias de Galiciaa | Fonte: 061

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta