Cuarto motorista morto no último mes nas estradas galegs

Un home de 57 anos faleceu tras chocar cun camión en Sarria.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 20/07/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Un motorista de 57 anos, MDP, faleceu na noite do mércores no termo municipal de Sarria, na provincia de Lugo, despois de chocar cun camión no quilómetro 2 da estrada LUP-5701, á altura da parroquia de O Mato. É o cuarto falecido nun mes en accidente de moto.

O persoal sanitario mobilizouse nun helicóptero médico ao recibir unha chamada de aviso sobre as 21,00 horas, pero non puido salvarlle a vida, segundo os datos achegados por 112 Galicia.

O sinistro produciuse na estrada que une Sarria e A Veiga. Concretamente, os feitos sucederon á altura de ponte que pasa sobre o río Sarria. Ata o lugar do accidente, ademais, acudiron a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Sarria. O 061 informa de que tamén se mobilizou unha ambulancia asistencial e persoal sanitario da PAC de Sarria.

Accidente de moto
Accidente de moto | Fonte: GARDA CIVIL DE TRÁFICO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta