Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2024 | Actualizada ás 18:13
Galicia pechará este ano 2024 con tres grupos sanguíneos con reservas baixas na Comunidade, concretamente o A positivo, o A negativo e o 0 negativo. Así o informa o 'Semáforo do Sangue' da Axencia de Doazón de Órganos e Tecidos correspondente a estes últimos días do ano e o arranque de 2025, no que tamén se reflicte que as reservas de 0 positivo, B positivo e B negativo son normais e que as de AB positivo e negativo son boas. Para doar, os galegos poden acudir ás instalacións de Ados nas cidades galegas ou facer uso das unidades móbiles que se desprazan por toda a xeografía galega.
A partir do 7 de xaneiro, estas unidades móbiles volverán percorrer as catro provincias. En concreto, ese mesmo martes estarán o Ferrol, A Coruña, Culleredo, Santa Comba e Ribeira, na provincia da Coruña; na Pastoriza e Mondoñedo, en Lugo; en Barbadás e en Bueu, Salceda de Caselas e Vigo, na provincia de Pontevedra. Xa o mércores, día 8, desprazaranse ata Narón, A Coruña, Ponteceso, Praza Vermella de Santiago, Milladoiro (Ames), Praza Maior de Lugo, Toyota Ourense, Maceda, Baiona, Tomiño e a zona da Ferrería, en Vigo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.