Ferrol acolle do 3 ao 6 de agosto o evento deportivo Equiocio

O rexedor acusa ao anterior goberno socialista de "ocultar información" en relación á reforma da rúa Igrexa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2023 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

Ferrol acollerá do 3 ao 6 de agosto, nas Cabazas, na parroquia de Covas, o evento deportivo, social, turístico e cultural Equiocio, que o rexedor, José Manuel Rey Varela, cualificou como un "exemplo" da "marca Ferrol".

"Equiocio únenos", afirmou na presentación dun evento con tres décadas de vida. "E iso é o máis importante porque, cando nos unimos, os ferroláns somos capaces de sacar adiante grandes proxectos", engadiu. O rexedor destacou que un evento con tanta historia "é porque está apoiado no traballo de moita xente", dixo antes de referirse, ademais da a organización, a "todas as entidades sociais implicadas.

Equiocio, como evento que naceu cun carácter deportivo que reforza, incluirá, como explicou o seu director deportivo, Federico Pérez Lago, o tradicional concurso nacional de salto que, nesta edición, será "o de maior nivel desde que volvemos a Covas" (tamén o único da súa categoría en toda Galicia), así como a Copa de Campións de Ponys, entre outras probas. Este ano limitouse a participación a 250 cabalos.

Ademais de hípica haberá tamén xornadas de bautismo de surf e outras propostas como rutas BTT ou actividades relacionadas co lecer e a cultura. Neste último aspecto, o cultural, profundou a directora do evento, Ana Pérez Lago, que sinalou que a organización espera ter co "Equiocio cultural o mesmo éxito que coa unión de moitas entidades tivemos nestes anos co Equiocio social".

Equiocio
Equiocio | Fonte: CONCELLO DE FERROL

CRÍTICAS

Por outra banda, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, prevé que a reurbanización da rúa Igrexa, impulsada polo goberno anterior e adxudicada por máis de catro millóns, estea lista en febreiro de 2024, dous meses antes do que, asegurou este luns tras a Xunta de Goberno Local, contemplaba o proxecto modificado do executivo local no mandato pasado, en mans do PSOE.

O rexedor, na presentación do seu proxecto modificado, lembrou que desde o comezo do proceso non estiveron de acordo cunha reurbanización que eliminaba 126 prazas de aparcadoiro en superficie "sen ofrecer nin unha soa alternativa".

Explicou que o proxecto comezou a executarse fai máis dun ano cun prazo de finalización de 18 meses "que non se vai a cumprir". Así, acusou ao goberno socialista de "ocultar información", posto que, dixo, "había un proxecto modificado que aumentaba a contía da obra nun 15% e dilataba os prazos, fixando o seu remate en abril de 2024".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta