Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2023 | Actualizada ás 15:08
O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, destacou que "as cuestións internas do Partido Socialista vanse a resolver con absoluta normalidade" en relación ás primarias para elixir candidato á Xunta. "Todos os compañeiros e compañeiras que participan nos procesos son persoas respectables e, por tanto, a militancia é quen ten a palabra e decidirá", afirma.
Así se pronunciou a preguntas da prensa este martes. Cuestionado sobre se José Ramón Gómez Besteiro trasladoulle a súa intención de presentarse ás primarias, Lage Tuñas eludiu contestar.
Ademais, a preguntas sobre se Alberto Varela seguirá como presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o responsable de Organización contestou: "Non chegamos a ese río para cruzar esa ponte". "Falaremos cando toque", apostilou.
O propio Alberto Varela dixo que a presidencia da Fegamp abordarase "cando toque", á vez que defendeu que as primarias do PSdeG teñen un calendario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.