"Ningún goberno vale a dignidade dun político", sentenciou Rueda, quen destacou que Feijóo queira chegar á Moncloa "como hai que facelo: con coherencia, con principios e con dignidade". Mentres, a uns quilómetros de distancia, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, asegura que a "historia vai xulgar" a Rueda pola súa postura contraria ao uso do galego no Congreso.