PSdeG di que a secretaria xeral do PPdeG "quere tomarlle o pelo aos galegos"

O secretario da organización, José Manuel Lage Tuñas cuestionou as declaracións de Paula Prado onde sinalaba que a medida do Goberno central de baixar o IVE do gas foi "copiada" ao PP.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2022 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, instou aos populares galegos a mencionar "unha soa medida" da Xunta de Galicia para beneficiar ás familias galegas.

A preguntas dos medios sobre as declaracións da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, nas que sinalaba que a medida do Goberno central de baixar o IVE do gas foi "copiada" ao PP, Lage asegurou que a popular "descoñece como actúa o PP ou quere tomarlle o pelo aos galegos". "Quen rebaixa ao 5 por cento o IVE do gas e a electricidade é Pedro Sánchez e o Goberno de España, e quen se opón agora, non se se se decatou o señora Prado, é o PP", insistiu.

Así, instou a Paula Prado a citar "unha soa medida" que adoptase o Goberno galego para beneficiar ás familias galegas". "Creo que no PP están moi adoitados ser tertulianos das decisións que toman outros gobernos. O que sei é que o PP non lle pode explicar aos galegos ningunha medida que beneficiase ao conxunto das familias deste país", aseverou.

O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, en rolda de prensa.. PSDEG
O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, en rolda de prensa.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Quedou calvo de tanto pensar... É que non teñen outra xente que diga algo "normal" ?