Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2023 | Actualizada ás 16:09
O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, destacou que os socialistas galegos saen "fortalecidos da Convención Municipal do PSOE porque, segundo indicou, "tómase como modelo de xestión" o que fan nos concellos galegos. "Somos unha garantía de progreso e de garantía social", puxo en valor.
Lage Tuñas reivindicou que se tomou "como referencia" o modelo dos socialistas "tanto en Vigo como na Coruña", algo polo que, sinalou, se enten "orgullosos".
"Creo que é un bo punto de partido para afrontar a próxima campaña electoral, onde lle presentaremos aos galegos unha gran aliñación, un gran equipo para ofrecer aquilo que mellor sabemos facer, que é xestionar os concellos con solvencia, con rigor, con credibilidade, pero cunha marca que distingue aos socialistas: xustiza social e progreso", manifestou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.