Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2023 | Actualizada ás 21:19
O Concello de Cangas prohibiu o baño na praia de Rodeira por verteduras na auga, ao detectar unha presenza maior da recomendada da bacteria Escherichia coli.
Segundo o informe da Consellería de Sanidade, encargada de realizar as análises, a mostra tomada o día 2 de agosto das augas da zona de baño de Rodeira mostran unha concentración de máis de 2.000 NMP/100 ml de Escherichia coli.
Considérase que se debe prohibir o baño ou recomendar absterse deste cando se supera o valor de 800 NMP/100 ml de Escherichia coli.
Os carteis que advirten da situación continúan visibles por toda a praia pontevedresa ata que novas análises mostren unha redución dos valores negativos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.