Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/08/2023 | Actualizada ás 20:25
O Concello de Ourense iniciará durante estes días unha campaña dirixida a eliminar brotes e exemplares de 'Ailanthus altissima', unha especia orixinaria de Asia coñecida como 'Ailanto' ou 'Árbore do ceo', nas proximidades do río Barbaña, entre a rúa Doutor Fléming, o río Barbaña e o Rianxo da Praza.
Segundo trasladou o consistorio municipal, a iniciativa responde á preocupante proliferación desta especie, que ameaza a biodiversidade local. Trátase dunha especie exótica invasora que, tal e como apuntan, representa unha "seria ameaza" para a biodiversidade autóctona, xa que é unha invasora "altamente competitiva e adaptable", que pode chegar a colonizar unha variedade de hábitats e desprazar ás especies nativas.
A 'Ailanthus altissima' está incluída no Catálogo de Especies Invasoras do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, o que obriga ás administracións públicas a tomar medidas para a súa erradicación e control.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.