Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 12/08/2023 | Actualizada ás 10:25
Un menor de idade morreu este venres por afogamento na praia dos Franceses, en A Veiga, segundo informou Emerxencias 112 de Galicia. O suceso produciuse sobre as 20.15 horas. A esa hora, o pai da vítima contactaba co 112 para alertar de que non vira saír ao seu fillo da auga.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Bombeiros de Valdeorras, sanitarios, Garda Civil, GES A Veiga, persoal do Colexio oficial de Psicoloxía de Galicia e Protección Civil.
Segundo relataba á central de emerxencias, o pai sospeitaba que lle puido pasar algo, xa que, cando nadaba en compañía duns compañeiros na praia fluvial dos Franceses, observou como daba a volta, sen poder chegar a terra.
Finalmente, poucos minutos despois, atoparon ao menor na beira. A pesar dos intentos de reanimación entre os profesionais sanitarios e particulares que se atopaban no lugar, nada se puido facer por salvarlle a vida. Ata o lugar tamén se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Ourense.
UN EQUIPO DE PSICÓLOGOS DESPRAZOUSE PARA ATENDER Á FAMILIA
Tras confirmarse o falecemento do mozo, o 112 Galicia informou ao equipo de psicólogos do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (Gipce) para que se desprazase á zona a prestarlle apoio á familia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.