Pero vamos a ver home, a lei dos 500 metros era para as construccións que se ían facer a partir dela, para evitar a brutal construcción de fincas á beira do mar ¿solares?, e para advertir de entrada ás constructoras que a Xunta non ía permitir a urbanización a esgalla á beira do mar en concellos que non tiñan PXOU e daban licenzas en escuras comisións de urbanismo onde o alcaldiño dicía sí ou non en base ós criterios que todos sabemos. O 85% dos concellos do PP non tiñan PXOU a pesar de dúas leises do solo do señor Cuiña D.E.P. que así o obrigaban. Non ter PXOU=corrupción urbanística. Como era imposible obrigar a facer o que non se fixo en 30 anos nuns meses, púxose a norma radical coma ningunha neste goberno de prohibir as novas licenzas a menos de 500 metros da praia (enténdese en solo non urbano senón na Coruña ou Vigo non se daría ninguna licenza de obra).
Contra a lei coma sempre xorde a campaña de difamación dos afectados, neste caso alcaldiños-constructores do PP que é o mesmo. E atacan co sesudo argumento de que Touriño seica que veraneaba a 500 metros da praia nunha casa, é dicir coma o 99% dos veraneantes en todo o pais á beira do mar, confundindo o touciño coa velocidade e facendo gala dunha profunda oligofrenia. Agora que se Blanco alias pepiño merca un chalete nunha urbanización, se é na illa de arousa enténdase que está a menos de 500 metros do mar por calquera lado, máis a licenza era anterior, e a illa de Arousa xa ten PXOU, e xa ten moi clariño onde se pode construir e como e onde non.
Vaian vostedes a Barreiros, e vexan os edificios de 10 plantas ciscados polas leiras con vistas ó mar, todos solicitando servicios ó concello que lles concedeu licencia de obra e con carteis de "inmobiliaria del norte" dicindo que polo teu pisito en carabanchel recibirás de agasallo un magnífico apartamento en Barreiros e entenderán vostedes o espírito desta norma temporal ata que os alcaldiños-constructores fagan por fin delegación das súas competencias en urbanismo nun PXOU.