Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2025 | Actualizada ás 11:52
A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, presumiu de "democracia interna" tras a celebración este domingo das primarias de Lugo e Ourense nas que saíron elixidos José Tomé e Álvaro Vila, respectivamente, e dixo confiar en que haxa unidade entre as candidaturas presentadas.
A preguntas dos medios este luns en rolda de prensa sobre se cre que vai haber unidade despois destes procesos, Lara Méndez apuntou: "Totalmente". Así mesmo, a responsable socialista reivindicou que están "afeitos a facer estes procesos internos" que, engadiu, "son bos e nutren ao partido de ideas novas e de proxectos mellorados".
Por iso, tras agradecer á militancia a súa participación, Méndez destacou que as primarias son un exercicio do que "poucos partidos poden presumir". "Foi o que vivimos onte tanto en Lugo como en Ourense, esa democracia interna que sempre suma. A militancia falou e temos secretarios provinciais electos, José Tomé e Álvaro Vila", aseverou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.