Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2023 | Actualizada ás 14:12
O exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero remarcou este martes, un día despois de transcender que o adiamento das primarias socialistas para elixir candidato á Xunta por orde de Ferraz, que a dirección autonómica impulsou "unha folla de ruta que non era acertada" tras "os trompazos electorais das municipais e das xerais" que logo tivo "que rectificar e corrixir".
En declaracións a Europa Press, unha vez suspendida a votación que se prevía celebrar o 17 de setembro, Caballero salientou que a el lle gustan as primarias e, tras a asegurar que entende que o PSOE queira pór o foco na investidura, apelou, cando se reactive o proceso, por traballar co horizonte "unhas primarias que sexan o máis abertas posible" e que non estean "teledirigidas polo aparello".
Caballero asegurou que entende que a "prioridade" da dirección estatal do seu partido sexa despexar o horizonte de gobernabilidade no país, e reiterou que o que queda claro coa decisión é que a folla de ruta da actual cúpula galega, que encabeza Valentín González Formoso, "non era acertada".
Aínda que non aclarou se se presentará ás primarias para elixir aspirante á Xunta nos próximos comicios, que tocarían o ano que vén se non hai adianto, explicou que no proceso de escoita que mantivo nas últimas semanasha podido constatar a "profunda preocupación silente" que hai en relación á situación actual do PSdeG.
"UN CAMBIO DE RUMBO"
Neste punto, insistiu que é necesario pasar desa "preocupación silente" a acometer "un cambio de rumbo" desde o punto de vista da "actuación colectiva" que permita ao PSdeG recuperar apoios da cidadanía.
Neste sentido, volveu a "tender a man" á actual dirección do partido en Galicia para, sen "sectarismos nin personalismos", poder "axudar a remar e volver crecer electoralmente" como nos comicios, recalcou, nos que el aínda dirixía o partido en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.