A futbolista Tere Abelleira, candidata a Filla Predilecta de Pontevedra

O concelleiro do PP en Pontevedra Guille Juncal aposta pola futbolista Tere Abelleira como "a mellor candidata" ao título de Filla Predilecta da cidade. A primeira deportista pontevedresa en gañar un Mundial coa Selección Española de Fútbol "cumpre con todos os requisitos que a fan merecedora desta distinción" ao tratarse da futbolista "máis importante da historia de Pontevedra".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/08/2023 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O concelleiro do PP en Pontevedra Guille Juncal aposta pola futbolista Tere Abelleira como "a mellor candidata" ao título de Filla Predilecta da cidade. O Partido Popular do Concello solicitou formalmente á Xunta de Goberno Local que inicie os trámites para que a campioa mundial reciba esta consideración.

Juncal sinalou que a primeira deportista pontevedresa en gañar un Mundial coa Selección Española de Fútbol "cumpre con todos os requisitos que a fan merecedora desta distinción" ao tratarse da futbolista "máis importante da historia de Pontevedra".

O 'número tres' dos populares asegura que Tere Abelleira deu visibilidade ao deporte pontevedrés e tamén axudou á loita pola igualdade real entre homes e mulleres. "É un referente para o deporte feminino e para tantas nenas que creceron coa idea errónea de que o fútbol era un deporte de homes", subliñou o concelleiro.

Terea Abelleira ante Nagano no Xapón-España do Mundial de Australia e Nova Zelandia
Terea Abelleira ante Nagano no Xapón-España do Mundial de Australia e Nova Zelandia | Fonte: PABLO GARCÍA - RFEF

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta