Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2023 | Actualizada ás 09:47
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Riós, na parroquia de Fumaces e A Trepa, quedou extinguido ás 12,38 horas.
Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 21,37 hectáreas, das cales 12,34 foron de monte raso e os 9,03 restantes de arboledo. O lume empezou ás 16,10 horas e para o seu control foron mobilizados tres técnicos, nove axentes, 16 brigadas, oito motobombas, dúas pas, seis helicópteros e seis avións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.