Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/09/2023 | Actualizada ás 14:30
Sempre escoitamos falar sobre a migración, pero sempre centrada nos homes que ían fóra traballar mentres a muller quedaba na casa coidando a familia e o fogar. Esa historia xa a sabemos todos, pero que é das mulleres?.
A investigadora Ofelia Rey Castelao realizou un estudo exhaustivo, 'El vuelo corto. Mujeres y migracións en la edad moderna', para mostrar a relación entre as mulleres, a movilidade e as migracións no país, entre o século XVI e XVIII, establecendo así o papel que tiñan como migrantes e como mulleres sendentarias que vivían a ausencia dos homes.
Esta obra atópase dividida en tres partes. A primeira fala da movilidade das mulleres e os factores familiares, económicos e culturais. A segundo centrase nos factores da estabilidade e da sedentariedade do colectivo feminino e a terceira sobre o efecto das migracións masculinas nas mulleres que quedaban soas á fronte do fogar, da familia e do traballo.
SITUACIÓN DAS MULLERES
Este libro ten moita relevancia porque mostra unha situación que ata o de agora non se analizara tan detidamente e desminte a idea da inmovilidade e do sedentarismo como rasgo identificativo da muller do Antigo Réxime e de que as mulleres non se podían mover pos sí mesmas.
A obra céntrase sobre todo en Galicia, xa que era o sitio con maior migración masculina da Idade Moderna, e destaca que por mor desta ausencia deixou unha baixa natalidade e un aumento do abandono de nenos. Por outra banda, tivo un alto impacto económico xa que as mulleres tiñan que cargar co traballo delas e tamén co que deixanban os homes ao partir e isto provocaba a inasistencia das nenas á escola e o problema das deudas, xa foran as que fixeran que os homes marcharan ou ás que se xeraban xa en ausencia destes.
Finalmente, a autora mostra como as mulleres foron quen de utilizar a lei ao seu favor e ter así a oportunidade de comprar e vender na ausencia da figura masculina, facer o testamento ou recibir herencias, algo que dentro do contexto patriarcal que había non se sabía a ciencia certa que se podía facer.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.