Lete Lasa apoia "os feitos" de Rafael Louzán quen pediu a dimisión de Rubiales tras dar soporte á súa desculpa

O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán restaba importancia ao ocorrido con Rubiales e a xogadora da selección Jenni Hermoso o pasado xoves, 24 de agosto.

Por E.P. | Santiago | 30/08/2023 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, valorou "os feitos máis que as palabras" do presidente da federación galega de fútbol, Rafael Louzán, que, tras sinalar que o presidente da RFEF, Luís Rubiales, "pedira desculpas" polo bico non consentido á xogadora Jenni Hermoso --"erros que se cometen na vida"--, acababa pedindo esta semana a súa dimisión como máximo expoñente do fútbol español, xunto aos outros 17 dirixentes autonómicos.

"As declaracións eu non se se as fixo ou non as fixo. Nun primeiro momento minimizouse e frivolizouse, tratouse equivocadamente. Tamén algúns medios de comunicación que non lle deron importancia. Así que me gusta máis a xente polo que fai que polo que di, e todos os presidentes autonómicos pediron a dimisión de Rubiales por actos que non eran acorde á lei, nin co respecto á muller nin co decoro debido", argumentou Lete Lasa.

Louzán restaba importancia ao ocorrido con Rubiales e a xogadora da selección Jenni Hermoso o pasado xoves, 24 de agosto, nun acto de homenaxe á xogadora pontevedresa Tere Abelleira. "Como nos pasou a moitos, eu vin a moitos compañeiros mesmo de medios vosos que en principio non lle deron a dimensión que despois foi collendo a situación", apuntou.

Tras iso, agrupacións políticas e sociais solicitan a dimisión do presidente galego e Marcha Mundial das Mulleres iniciaba unha recollida de firmas para esixir a dimisión de Louzán.

Este pasado luns, 28 de agosto, a Comisión de Presidentes de Federacións de ámbito Autonómico e Territoriais da RFEF emitía un comunicado no que apoiaba ao nomeado presidente da RFEF ese mesmo día, Pedro Rocha (segundo de abordo de Rubiales, inhabilitado pola FIFA ese fin de semana). No comunicado pedían tamén a dimisión do ata o momento presidente.

"FALTA DE DIGNIDADE" E "RESPONSABILIDADE" DO GOBERNO

Para Lete Lasa, o bico sen consentimento de Luís Rubiales a Jenni Hermoso é algo "intolerable". "Agora discútese por quen ten que facelo, a Fiscalía, se houbo agresión ou non, pero é unha falta de decoro, de dignidade, nunha representación que viron millóns de cidadáns en todo o mundo. Temos que esixir aos dirixentes de todo o país qu estean á altura do que representan e este non foi o caso", afirmou.

Remarca que se solicitou "desde todos os ámbitos" a dimisión de Rubiales e apuntou directamente ao Goberno estatal. "Responsabilizamos ao Goberno porque seguramente actuamos tarde e no caso de Rubiales hai motivos máis que suficientes. Hóuboos, as cuestións da Supercopa, reunións que excederon o límite, gravacións a membros do Goberno... Había causas suficientes para enviar isto ao Tribunal Administrativo do Deporte (TAD)", censurou.

Considera que ao Executivo "convíñalle protexer" a Rubiales e "terán que dar explicacións de por que agora non o fan". "Neste caso a nosa posición é firme e unánime, como se pronunciou no seu momento a conselleira de Igualdade, Elena Rivo", concluíu.

Arquivo - José Ramón Lete Lasa. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - José Ramón Lete Lasa. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Emilio

Cando o barco afunde, as de sempre mudan de barco. Só faltaba que o PP abandonase a Louzán.