Xa hai gañadores da primeira edición do concurso de Podcast 'Ramón Otero Pedrayo'

Raquel González Calvo, Miguel Blanco e Naihara Darriba son os tres finalistas desta edición.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/08/2023 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

Raquel González Calvo, Miguel Blanco e Naihara Darriba gañan a primeira edición do concurso de Podcast convocado pola Asociación de Amigos de Otero Pedrayo.

Micro para o podcast
Micro para o podcast | Fonte: Merca2.0

O podcast 'O mundo feminino de Otero Pedrayo', de Raquel González Calvo, resultou gañador do primeiro premio do concurso convocado pola Asociación de Amigos de Otero Pedrayo. O segundo premio correspondeu ao traballo presentado baixo o título 'As sete vacas de Tebra', de Miguel Blanco. O terceiro premio foi para Aturuxo, de Naihara Darriba, do IES de Ponte Caldelas polo seu traballo 'Aturuxo'.

O xurado, presidido por Xosé Ramón Pousa, profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, e formado pola directiva da Asociación de Amigos de Otero Pedrayo, valorou moi positivamente o traballo colectivo 'Aprendendo sobre Otero Pedrayo', do alumnado de cuarto da ESO do IES Milladoiro. Esta peza non puido participar na fase final do concurso, no que entraron seis propostas, por tratarse dunha obra colectiva.

O premio de oratoria en formato podcast 'Ramón Otero Pedrayo' está convocado pola Asociación de Amigos de Otero Pedrayo e conta coa colaboración da Secretaría Xeral Asociación de amigos de Otero Pedrayo de Política Lingüística e a cooperativa agroalimentaria Coren. O galardón, dirixido ao alumnado galego de entre 15 e 25 anos, está dotado con 3.750 euros, repartidos en tres categorías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta