O Colexio de Traballo Social reclama contratar profesionais para a coordinación de Benestar nas escolas

"A Xunta opta pola opción da precariedade: non contratará a novos profesionais e outorga aos docentes estas funcións, para as que non teñen formación", sinalan desde o COTSG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2023 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O Colexio oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) mostrou o seu desacordo coa decisión da Xunta "de non contratar a novos profesionais para exercer a figura de coordinación de Benestar nos centros educativos".

"O profesorado debe renunciar a parte das horas de docencia para realizar funcións propias do campo social", sinala o COTSG, para quen "a Xunta se nega a investir recursos na educación, repercutindo negativamente nas familias galegas".

Con iso, alude á resolución do Diario Oficial de Galicia (DOG) "que recolle a orde que regula esta figura, que será designada entre o profesorado".

O COTSG xa presentara unha serie de achegas ao anteproxecto desta orde, que se suma a escritos e reunións nos últimos anos, "para instar á Xunta a que se incorporasen a profesionais do campo social, como o Traballo Social, para asumir estas funcións".

"Esta figura créase ao amparo da Lei de Protección á Infancia e Adolescencia fronte á violencia, que permitía crear novo persoal para asumir as funcións".

"A Xunta opta pola opción da precariedade: non contratará a novos profesionais e outorga aos docentes estas funcións, para as que non teñen formación", sinalan desde o COTSG, que avanza que presentará unha nova proposta para que os centros conten con estes profesionais.

Nenas e nenos . Foto: Carlos Montero.
Nenas e nenos . Foto: Carlos Montero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta