A deputada socialista Silvia Longueira esixirá esta semana no Parlamento de Galicia explicacións sobre as "recentes modificacións" na Lei de Servizos Sociais, "que permiten que funcionarios sen titulación en Traballo Social tramiten e informen as solicitudes da Lei de Dependencia".
  comenta   0
Ante as chamadas de atención da UPG, di que sempre traballou pola unidade de candidaturas e ábrese a pactar coas outras listas para a asemblea do BNG: "Ata o último momento a miña man está tendida".
  comenta   0
Representantes dos sindicatos CIG, CC.OO., SLG e o Colexio Oficial de Traballo Social denunciaron que a lei de acompañamento aos orzamentos da Xunta para 2025 modifica "pola porta de atrás" a participación do Consello Galego de Benestar Social que, en opinión das organizacións sindicais e do Colexio, limitarase agora a "emitir ditames a instancias da Consellería".
  comenta   0
Fran Allo é traballador social na Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog), encargado de informar e apoiar ás familias cando lles dán o diagnóstico do seu fillo. Sempre lles lembra que "hai un recurso permite que cando os dous proxenitores traballan, un poida solicitar a redución de xornada ata o 99,9 %, e a empresa ten que pagarlle igual, porque se entende que o seu traballo é estar ao coidado do seu fillo".
  comenta   0
A Xunta afirmou que "desde o primeiro día" informouse a través da plataforma informática aos traballadores sociais desta nova prestación, aínda que non descartaron "axustar todos aqueles aspectos informativos" que sexan necesarios.
  comenta   0
A organización leva dúas décadas traballando pola inclusión social, orientando, informando e acompañando ás persoas migrantes na Área Metropolitana da Coruña, a Mancomunidade de Ordes e a Comarca de Betanzos. Agora abre unha nova etapa cunha programación especial ao longo de 2024 para contribuír no debate dunha nova política de migración,
  comenta   0
"A Xunta opta pola opción da precariedade: non contratará a novos profesionais e outorga aos docentes estas funcións, para as que non teñen formación", sinalan desde o COTSG.
  comenta   0
A charla é impartida pola profesora Amy B. Smoyer, profesora asociada de Traballo Social na Universidade Estatal do Sur de Connecticut e colaboradora da Organización Mundial da Saúde para a súa oficina en Europa e Asia Central.
O conselleiro inaugurou XIV Congreso estatal da Asociación española de Traballo Social e Saúde e o I Atopo Ibérico de Traballo Social Sanitario.
  comenta   0
Os profesionais destes centros esixen a cobertura de baixas e o reforzo de persoal con traballadores de apoio "canto antes" para a "atención de tarefas administrativas", así como "perfís especializados en igualdade".
  comenta   0
'Inmarcesibles' é unha mostra fotográfica que convida a reflexionar sobre a exclusión invisible que experimenta o sexo feminino cando falamos do seu físico. As traballadoras sociais do Concello de Sober, Ana de la Torre e Patrica González, foron as encargadas de recibir en Santiago o diploma e o cheque.
Román Rodríguez reuniuse con decanos de Educación para avanzar no novo modelo de competencias profesionais docentes.
  comenta   0
Segundo Interior Galego Vivo, o salario que lles queda mensualmente ás persoas titulares de Casas Niño é inferior ao salario mínimo e vese moi minguado se teñen que buscar substitucións.
  comenta   0
Os servizos sociais comunitarios nacen como ferramenta contra as desigualdades, pero funcionan na práctica como "dispensadores de informes". As traballadoras sociais palían con esforzo e horas extra a falta de recursos e alertan da "perversión" da esencia do seu traballo. O "exceso de burocracia" impide facer un acompañamento real e humano ás familias en situacións de vulnerabilidade.
  comenta   0
Traballadoras das escolas da Galiña Azul, centros de día, residencias e outros servizos xestionados polo ente irán á folga para mostrar o seu rexeitamento a un proceso selectivo que, denuncian, non busca a estabilización do persoal senón que "desmantelará" os equipos de traballo.
  comenta   0
Trátase dunha campaña reúne tres propostas que integran o control do papel das mutuas, a vixilancia das condicións de traballo e novos protocolos sobre pasos a seguir por mutuas e empresas cando unha traballadora está embarazada.
  comenta   0
Plataformas do eido piden á administración autonómica recursos "especializados" para prestar servizo ás persoas con demencia e deteriorios cognitivos. Apuntan que un investimento maior axudaría a fixar poboación.
  comenta   0
Os traballadores sociais de Galicia consideran que o "acompañamento" de alumnado vulnerable debe ser desenvolto por profesionais titulados, e non por docentes.
  comenta   0
Ana Pontón ven de dicir que o BNG precisa alargar a súa base social para lle dar forza e continuidade ao avance electoral.
  comenta   0
Galicia é a segunda comunidade autónoma cunha maior incidencia de suicidios. Estes datos poñen en relevancia as carencias que presenta o sistema de saúde mental en Galicia, aínda maiores se se teñen en conta as necesidades provocadas pola pandemia da covid-19 no que se refire á saúde mental.
  comenta   0
Sagrario Fernández, traballadora social no Hospital Lucus Augusti de Lugo, aposta por un modelo de coidados a pequena escala e centrado nos fogares, para que a terceira idade non sexa afastada do seu espazo vital e segregada en grandes residencias xusto no momento máis vulnerable da vida.
  comenta   2
O Colectivo de Traballado Social de Galicia apunta á "demora" na conformación das Comisións que manda a lei; das que, á parte, se ven "excluídos".
  comenta   1
Denuncian "graves déficits" en política social, cocientes de persoal "insuficientes" e ausencia dunha "organización homoxénea e directrices unificadas".
  comenta   0