O Concello de Carballo, Carlos Pajares e María Jesús Lago, premios Lois Peña Novo 2024

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/05/2024 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

O Concello de Carballo; a xefa de servicio de Traballo Social da EOXI de Vigo, María Jesús Lago Vilaboa e o ex reitor da USC, Carlos Pajares, acaban de recibir os premios Lois Peña Novo 2024. 

Carlos Pajares, segundo pola esquerda, nunha homenaxe
Carlos Pajares, segundo pola esquerda, nunha homenaxe | Fonte: USC

O xurado destacou que o Concello de Carballo desenvolveu unha política lingüística dirixida ao fomento do uso do galego nun concello cunha poboación de máis de 30.000 habitantes no que existe unha porcentaxe nada desprezable de inmigrantes fomentando deste xeito a cohesión lingüística na cidadanía. Destaca o seu compromiso iniciado hai máis de 20 anos coa normalización lingüística e suliña a importancia de accións de socialización do idioma galego que promove de xeito transversal.

De María Jesús Lago salienta o seu compromiso coa contorna e realidade da súa comunidade sendo un referente no eido social como militante activa na xustiza social e os dereitos das persoas. "Pioneira e defensora do uso do galego no ámbito sanitario como unha forma de achegarse á cidadanía respectando os valores identitarios do país", destaca ao tempo que suliña súa experiencia e compromiso coa lingua galega.

Finalmente, destaca que o doutor en Física e catedrático da USC, Carlos Pajeres, foi o "primeiro Reitor democrático da USC que introducíu cambios substanciais como o fomento do uso da lingua galega no eido universitario". "A pesar de nos ser galego de nacencia inculturizouse na terra defendendo os valores identitarios do país", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta