O PSdeG denuncia o "desmantelamento" dos servizos sociais e esixe explicacións á Xunta

A deputada socialista Silvia Longueira esixirá esta semana no Parlamento de Galicia explicacións sobre as "recentes modificacións" na Lei de Servizos Sociais, "que permiten que funcionarios sen titulación en Traballo Social tramiten e informen as solicitudes da Lei de Dependencia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2025 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

A deputada socialista Silvia Longueira esixirá esta semana no Parlamento de Galicia explicacións sobre as "recentes modificacións" na Lei de Servizos Sociais, "que permiten que funcionarios sen titulación en Traballo Social tramiten e informen as solicitudes da Lei de Dependencia". Ademais, Longueira aproveitou para denunciar o "desmantelamento" levado a cabo nos servizos sociais por parte do Goberno galego. Nunha nota de prensa, os socialistas lamentaron que esta decisión "destrúe unha das garantías fundamentais da Lei de Dependencia: a asignación rigorosa e profesionalizada dos recursos públicos ás persoas que máis o necesitan".

"No canto de reforzar os servizos sociais con máis medios e profesionais, a Xunta aposta por unha vía que dilúe a responsabilidade e deixa sen o apoio adecuado ás persoas maiores e dependentes, que agora deben enfrontarse a un sistema máis confuso e sen asesoramento especializado", afeou a socialista. Neste sentido, asegurou que a "gravidade" da situación "queda patente" coa dimisión de tres xefes de servizo da área de dependencia nos últimos dous meses, "un feito que revela o descontento interno ante unhas políticas que pon en risco a calidade da atención aos dependentes".

Deste xeito, o Grupo Socialista instou á Xunta a "recibir de inmediato" aos colexios profesionais afectados, elaborar un informe que xustifique esta reforma e pór en marcha unha campaña informativa que garanta que todos os galegos coñezan os seus dereitos en materia de dependencia. "A dereita nunca creu nos servizos sociais e, agora, en materia de dependencia, mostra a súa cara máis crúa: en lugar de reforzar a atención ás persoas máis vulnerables, prefire degradala ata facela ineficaz e insustentable, abrindo a porta ao negocio privado", denunciou Longueira.

A deputada socialista Silvia Longueira
A deputada socialista Silvia Longueira | Fonte: PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta