(Vídeo) Unha paciente oncolóxica pasa catro horas ciscada nos corredores de Urxencias

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/03/2025 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Esta é a testemuña de Xosefa B.G., paciente oncolóxica en tratamento que o pasado día 13 de marzo estivo 12 horas ingresada no Hospital de día con inflamación hepática e que precisaba de xeito inmediato unha cama para recibir tratamento hospitalario convencional.

Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario
Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario | Fonte: Asociación de Usuarios do CHUS.

Ante a imposibilidade de ingresala directamente desde o hospital de día por non dispoñer dunha cama dotada de persoal foi enviada a urxencias onde estivo 4 horas nos corredores e non a ocupou ata ás 18:00 horas do día seguinte 14 de marzo. Ese día, e segundo relata a Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS, o servizo de urxencias estaba colapasado con 19 pacientes de distinta gravidade colocados nos corredores. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta