Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2023 | Actualizada ás 10:20
A Fundación Amancio Ortega abre este luns, día 4, a partir das 13.00 horas, o prazo de inscrición da nova edición do seu programa de bolsas para Canadá e Estados Unidos, dirixido a estudantes de cuarto da ESO de centros educativos de España.
As 400 bolsas (200 para cada un dos dous países) para o curso 2024/25 poderán solicitarse ata o 27 de setembro a través da páxina web www.becas.faortega.org .O programa asignará 70 das 400 bolsas (35 para Canadá e outras tantas para Estados Unidos) a estudantes de centros educativos de Galicia, e 330 (165 por país) a estudantes doutras comunidades e cidades autónomas de España.
A bolsa cobre todos os servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: aloxamento e manutención nunha familia local anfitrioa, escolarización, viaxe, seguro médico e de accidentes, formación previa ao comezo do curso e apoio continuado durantela estancia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.