Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2023 | Actualizada ás 13:45
Os sindicatos con representación maioritaria en Galicia reaccionaron de maneira diversa aos datos do paro rexistrado publicados este luns. Así, a CIG interpreta que o incremento intermensual e outras cifras "pon de manifesto a debilidade do mercado laboral galego".
Pola súa banda, UGT observa "estabilidade" e considera que esta característica está "camiño de ser a norma" no mercado laboral galego. Mentres, CC.OO. pon o foco no emprego feminino e insta á Xunta a abordar "con urxencia" un plan sobre a súa evolución.
AUTÓNOMOS
A Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar, integrada en UPTA, advirte da perda de afiliados en agosto, que cifra en 483, ao pasar de 208.112 a 207.629. Neste escenario, esta organización considera que "inmediatamente hai que pór en marcha medidas que traten de frear esta auténtica sangría".
"Lonxe de ser un alivio, o período estival para o sector do comercio continúa sendo un auténtico desastre que está a levar ao colectivo a bater marca de perda de afiliación á Seguridade Social mes tras mes", incide.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.