Carta de Critias a Terámenes (IV). Labras retortas

Debo recoñecer estimado Igual Terámenes, que ás veces este pobo emocióname vivísimamente ao lembrar os ensinos dos nosos sacerdotes mestres na Academia. Cando eramos nenos, lembras amigo, como nos inmortalizaban nas nosas almas “non son os ollos os que ven, senón o que nós vemos por medio dos ollos”. Educáronnos como hómoioi na axuda mutua, e na Dilixencia como prontitude de ánimo para facer o ben.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 05/09/2023

Comparte esta noticia
Nestas terras nada diso impera. As Virtudes para vencer aos pecados non son nin citadas.  Tal vez este pobo ao carecer de educación en Moral  sofren de Horror vacui, e para acougarse usan  sucedáneos hedonistas. A súa oligarquía, dexeneración da aristocracia,  fomentan  privilexiados vicios retortos que eles lles gritan á plebe como  “dereitos”. Xa sabes estimado amigo que tales berros  nunca gardan relación co xusto, bo, san, ou fermoso. Cando dogmatizan un retorto “dereito”, sobe o pan, os impostos e a pobreza. Eses “dereitos”  retortos  son labras coas que manteñen acendido o lume no que asan ao cordeiro.  
Tales  labras son acordos de “consenso”, que é o punto de encontro dos oligarcas e os seus facciosos carentes de todo principio moral para así repartirse os diñeiros. Ese consenso é a unión de habilidades na falsidade, de ánimos no indecente, e de espíritos en indigno. Así día a día a pobreza das xentes  e  desigualdade entre iguais  aumenta como a descomposición nun animal morto. 
 
Os oligarcas e os seus alegres facciosos parrandean  requetebién creando eses galimatías retortos que agravan a vida do pobo. Entre carcaxeos entre dentes silenciosos asegúranme que  é o mellor réxime para salvagardar as súas riquezas e poder con certeira seguridade. O xentío pobre  ten  tantos dereitos de labras  como estrelas ven  no ceo, e así é feliz uns na estreiteza económica, outros no maior  empobrecemento e os demais na pobreza efectiva.  
 
O método dos oligarcas é  eficaz e barato: Basta un grupo de titiriteros simpáticos sempre riseiros e sen ruborizo satirizándose sen fin.   Para o teu estudo  envío hoxe sete mulas cargadas cos pesados fardos de dereitos de labras. Á parte  remito un  prego de tres páxinas analizando  a acumulación de riqueza, empobrecemento e carencias en vivenda, salarios, alimentación, educación, sanidade, xubilación,  e outros padecimientos da poboación. As pobres mulas cando cheguen estarán descoiuntadas  polo peso das labras esas. Déixaas descansar, aliméntaas, e ás enfermas cúraas. 
 
Aínda non teñen designado ao Máximo Maxistrado. A última intelixente patochada é que o xefe dunha facción propón a repartición do botín por quendas  de dous anos. É o que se coñece como “Pacto á Israelita” ao ser costume dese pobo.  Hai uns anos tamén conviñeron ese método de repartición do Botín, mais nesa ocasión foi de costas ao pobo. A masa non o percibiu. Así, unha facción gozou do botín  exactamente  dous anos, e polo método teatral habitual, a outra facción outros dous anos. Ao pedazo de peza teatral chamárona  “o non era un si”.   A diferenza é que  hoxe  o exhiben francamente.
 
Seguirei narrándoche as proezas,  contubernio de zambomba, destas  terras. 

Criptomoedas
Criptomoedas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA