Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2023 | Actualizada ás 17:25
O Banco de Alimentos Rías Altas recibiu unha doazón de máis de 42.800 racións de cereais para axudar a retomar a actividade, tras unhas semanas nas que a maioría destes espazos solidarios permaneceron pechados e os seus almacéns baleiros. Nesta conxuntura, esta semana Kellogg está a realizar unha doazón extraordinaria de máis de 30.000 paquetes de cereais de almorzo, dos que 3.570 doaranse en Galicia, a través do banco de alimentos de Rías Altas.
Isto equivale a máis de 42.800 racións de cereais doadas de forma adicional ao excedente que a compañía entrega regularmente a estas entidades benéficas e responde ao compromiso adquirido pola acción solidaria Compra uno, que se levou a cabo durante os meses de xuño e xullo en colaboración cos supermercados Alimerka, Altoaragon, Bon Preu, Cash Lepe, Condis, Covalco, Dinosol, Gadis, Hiber, Hiper Usera, Sorli, MAIS, Unagras, Unicash e Unide; todos eles asociados de Grupo IFA.
Este ano, terceiro consecutivo de realización desta campaña, participaron máis de 5.300 tendas; o que permitiu colaborar a miles de consumidores para triplicar a cantidade de paquetes de cereais a doar con respecto ao 2022, ano no que se doaron 9.838 paquetes. Segundo os últimos datos do Informe Kellogg's sobre pobreza alimentaria en España, o 8 % dos galegos usou os servizos dos bancos de alimentos nalgún momento do último ano, a mesmo porcentaxe que a nivel nacional.
Ademais, un de cada tres galegos indica que coñece a alguén que acode aos bancos de alimentos porque non pode facer fronte ao gasto en alimentación, o cal supón un 10 % máis que hai 7 anos. Cabe lembrar que os bancos de alimentos reparten produtos a preto de 7.000 entidades benéficas, a través das que se axudaron a 1.246.106 beneficiarios en 2022, dos que un de cada cinco son menores de 15 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.