Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/09/2023 | Actualizada ás 18:11
A compañía Aenor entregou un recoñecemento este venres a Ence polo seu "coidado do medio ambiente" nos últimos 20 anos na ría de Pontevedra. O acto celebrado na cidade do Lérez contou coa participación da vicepresidenta segunda da Xunta e responsable de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que destacou na súa intervención a importancia de implicar "a todos" no reto do cambio climático.
Ademais da número tres do Goberno galego, encargada de clausurar o acto, tamén interviñeron o CEO de Aenor, Rafael García Meiro, quen foi o encargado de entregar o recoñecemento ao presidente de Ende, Ignacio Colmenares. O responsable de Aenor sinalou que "auditoría tras auditoría" comprobaron que Ence ten "unha orientación xenuína á mellora continua", da que destacou que "é o espírito dunha organización consciente de que a sociedade espera das compañías compromiso co coidado ambiental, demostrado con feitos como son a certificación pola entidade máis valorada".
Pola súa banda, Ignacio Colmenares agradeceu unha distinción que, di, supón "un recoñecemento da aposta de Ence pola excelencia ambiental". "Un compromiso co coidado ambiental e social que, ao longo destes 20 anos, consolidamos, e que é estratéxico para o grupo", engadiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.