Varios colectivos reunironse ante as dependencias da Xunta en San Caetano para protestar pola inminente aprobación do Plano Acuícola por parte da Xunta. "Malia a que a tramitación do Plano Acuícola prevese longa, xa que cada unha das instalacións debe pasar pola fase da exposición pública, avaliación ambiental, alegacións e demáis informes, o feito de que o governo galego aprobe o plano sectorial, lexitima ás empresas acuícolas que comezarán as súas xiras de chantaxe por toda o litoral para que os veciños malvendan os terreos baixo a ameaza da expropiación", din dende Adega.