A USC crea unha oficina para xestionar os 36 millóns de euros en axudas e subvencións de fondos Next Generation

Esta oficina, cuxa posta en marcha foi decidida na xunta de goberno da Universidade de Santiago de Compostela celebrada este martes, estará enfocada a executar e captar os fondos "de maneira áxil, eficiente e segura".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2023 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) creará unha oficina para centralizar a xestión dos 36 millóns de euros captados pola institución en subvencións e axudas procedentes de fondos Next Generation canalizados a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Esta oficina, cuxa posta en marcha foi decidida na xunta de goberno da USC celebrada este martes, estará enfocada a executar e captar os fondos "de maneira áxil, eficiente e segura", segundo explica a institución académica nun comunicado.

"Fai falta adiantarse á posible captación de fondos para establecer un control sobre as axudas que reciba a Universidade de Santiago de Compostela, definir o interese estratéxico da súa aceptación segundo as condicións de execución e, ao mesmo tempo, prestar o apoio necesario ao persoal investigador responsable das axudas", apunta o documento aprobado polo consello de goberno.

A creación deste departamento contempla o desenvolvemento de grupos de traballo para "tarefas específicas e transversais" vinculadas a un proxecto ou conxunto de proxectos para, deste xeito, impulsar a súa xestión e "dar cumprimento aos fitos e obxectivos aos que contribúan os fondos".

Reunión
Reunión | Fonte: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta