A CIG denuncia que a Consellería de Educación deixa sen cubrir o 58 % das licenzas por formación do profesorado

Tras non convocar as licenzas por formación no pasado curso e de ofertar 500 meses para este curso, deixou sen outorgar 287 meses.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2023 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

A CIG denuncia que a Consellería de Educación deixa sen cubrir máis do 58 % das licenzas por formación do profesorado. Nun comunicado, apunta que a Administración galega, tras non convocar as licenzas por formación no pasado curso e de ofertar 500 meses para este curso, deixou sen outorgar 287 meses.

Segundo apunta, a distribución de licenzas non autorizadas pola Consellería é: modalidade 1a (37 meses de 130, o 28,46 %); modalidade 1b (65 meses de 170, o 38,24 %); modalidade 2 (118 meses de 130, o 90,77 %) e modalidade 3 (67 meses de 70, o 95,71 %). Segundo apunta CIG-Ensino, os cargos educativos escúdanse que os proxectos que presenta o profesorado carece da calidade necesaria, polo que non poden adxudicar os meses. Ante isto, o sindicato sospeita que a causa se debe a un criteiro "economicista".

Lamenta que esta situación provocou "gran descontento" entre os profesores, que se senten "menosprezados". Así mesmo, advirte de que hai determinadas temáticas, como é o caso da igualdade, na que "nin unha soa persoa alcanzou a licenza para realizar material para módulos non existentes desta materia".

Dúas profesoras cun grupo de alumnos o día que arrinca o curso escolar en Galicia, no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela
Dúas profesoras cun grupo de alumnos o día que arrinca o curso escolar en Galicia, no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta