Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/09/2023 | Actualizada ás 17:28
A Deputación da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) colaborarán para pór en valor o patrimonio natural da Serra do Careón, segundo acordo plenario.
Na sesión plenaria celebrada este venres, aprobouse, por unanimidade, o convenio polo que a Deputación destinará 50.000 euros, o 80% do orzamento da iniciativa, para financiar o proxecto científico que se aplicará neste espazo protexido para a súa conservación.
Tamén por unanimidade aprobouse o convenio polo que se instrumenta a subvención nominativa para o financiamento do proxecto de potenciación turística do recinto feiral de Moeche.
Na mesma liña, acordouse outra subvención para o financiamento do proxecto piloto 'Galicia Remota', en colaboración co Concello de Carnota, para crear un novo modelo de turismo, innovación e sustentabilidade no ámbito rural.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.