Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2023 | Actualizada ás 13:35
O xulgado do social número 2 de Santiago recoñeceu a fixeza dunha traballadora do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta que foi subrogada cando se acordou a municipalización do servizo da escola infantil no Concello de Dodro, de forma que o ente autonómico encargouse de xestionalo e fíxose cargo dos seus empregados.
O auto, con data do pasado 7 de setembro, estima a demanda da traballadora contra a Consellería de Política Social e a de Facenda, o Consorcio e o Consistorio de Dodro.
Neste sentido, a xuíza declara a condición de persoal laboral fixo da actora e a súa antigüidade desde o 27 de xullo de 2006, e condena ás demandadas a "estar e pasar por esta declaración".
En relación coa natureza da relación laboral, a sentenza advirte que o contrato subscrito co Consorcio é indefinido e partindo das consecuencias da subrogación conclúe que é indefinida "en aplicación do art. 44 ET, Directiva 2001/23 e STJUE 13 xuño 2019".
A través dun comunicado, a CNT critica que o Consorcio, naquel momento baixo a dirección de Lois Pérez Castrillo como xerente e de Pilar Candocia como responsable da área das Galescolas, "non cumpriu a lexislación en materia laboral e en lugar de conservar as condicións laborais da traballadora empeorounas, convertendo o seu contrato indefinido nun contrato temporal e non tendo así en conta a antigüidade da traballadora".
"O xulgado entende que a contratación é ilícita e que se cumpren todos os requisitos para adquirir a fijeza laboral por parte da traballadora", engade o sindicato.
Desta forma, incide en que "se está recoñecendo a doutrina europea coñecida como Correia Moreira, que desde o sindicato sempre se defendeu que debía aplicarse á multitude de subrogacións ilegais levadas a cabo desde as administracións públicas, pois esta obriga a superar un proceso selectivo a traballadoras que xa eran fixas con anterioridade ao momento da sucesión".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.